A Marcha Mundial das Mulleres na Galiza ven de celebrar esta fin de semana na Residencia de Formación de Panxón a súa Asemblea Nacional. Durante a fin de semana compartimos en Panxón os espazos de debate e reflexión cos momentos de convivencia e diversión que ao longo das dúas xornadas serviron para traballar nos acordos e debates que marcarán o traballo da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza.

Os espazos de convivencia para potenciar un maior coñecemento entre as compañeiras e as organizacións que participan na Marcha Mundial das Mulleres na Galiza serviron para compartir visións, valores e momentos de reflexión en torno ao proxecto común así como para coñocernos máis e mellor. Os espazos de debate para tratar as estratexias globais de actuación da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza e afortalar a acción e o traballo colectivo. E os momentos de festa para compartir e disfrutar da compañía das compañeiras de todos os rincóns do país.

Durante a fin de semana apresentamos tamén o video do VII Encontro Internacional da MMM na Galiza que tivo lugar en Vigo o 18 e 19 de Outubro do 2008, que en breve estará á vosa disposición na web.

De: feminismo.info

Galería Fotográfica da Asemblea na web da Marcha
_________________

Publicación da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza

A Marcha Mundial das Mulleres na Galiza consideramos o aborto un dereito fundamental que permite a soberanía sobre o propio corpo, garantindo a escolla dunha maternidade desexada e responsábel.

É por iso que denunciamos que hoxe, igual que hai 22 anos, se continua a limitar a liberdade individual e a tomada de decisións das mullerese que o aborto non é aínda unha prestación universal por dereito xa que 95% das interrupcións fanse en clínicas privadas. [Descarga a publicación en PDF ]

Marcha Mundial das Mulleres Comarcal da Coruña

De: feminismo.info
----------

Ler

Aprendín a ler sen que ninguén se decatase. Cando a mestra seguía ensinando aos outros nenos a xuntaren o eme co a, había xá tempo que eu coñecía a solidariedade que tecen entre si os signos escritos, as súas combinacións infitinas e os sons marabillosos (...). Ninguén se decatou. Lin coma unha posesa, primeiro ás agachadas, e despois, cando me pareceu que transcorrera o tempo normal de aprendizaxe, á vista de todos, mais tendo moito coidado de disimular o meu interese e o pracer que me proporcionaba. A nena fráxil convertérase nunha alma famenta. Aos doce anos deixei a escola para traballar na casa e mais nos campo cos meus pais e os meus irmáns. Aos dezasete, casei”. Así di Renée, a protagonista d´A elegancia do ourizo de M. Barbery. A súa é unha historia de ficción pero para millóns de nenas convértese na única realidade. Por iso a Unesco dedica o vindeiro 23 de abril –Día Mundial do Libro á alfabetización cunha mensaxe clara: “Open books, open doors”. Porque cando aprendemos a ler e a escribir, aprendemos a abrir as portas.

De: Rosa Aneiros no Xornal.com
----------

Assembleia Nacional 2009 Escrito por Marcha Mundial das Mulleres na Galiza Xoves, 16 Abril 2009 10:13

A Marcha Mundial das Mulheres juntamo-nos neste fim de semana na Residência de Formaçom em Panxóm para celebrarmos a nossa Assembleia Nacional.

Esta reuniom de organizações e mulheres individuais e independentes que constitui o nosso movimento feminista terá os seguintes objectivos:

  1. Espaço para o convívio e um maior conhecimento entre as companheiras e as organizações.
  2. Trajectória da Marcha Mundial das Mulheres desde a sua criaçom até a actualidade.
  3. Estrategias globais de actuaçom.
  4. Conclusões e acordos.
Teremos tempo para o debate e para o convívio com a realizaçom duma festa no sábado à noite em que saborearemos a receita secreta da caipirinha nacional da MMM e dançaremos com a música organizada polas nossas DJ’s Irene e Ximena.

Um saúdo a todas e até a sexta-feira em Panxóm!!

De: feminismo.info
----------

A catedrática Amelia Valcárcel, unha das máximas expoñentes do feminismo, repudia que a imaxe prevalente da muller sexa a da maltratada, pois a maioría son loitadoras que "avanzan posicións" e que logran defender o seu propio espazo.

Nunha entrevista con EFE con motivo da publicación do seu último libro "Feminismo no mundo global" (Cátedra), a filósofa sostén que a violencia sobre as mulleres non debe ocultarse, pero tamén defende que se yuxtaponga a realidade maioritaria: mulleres que progresan no mundo laboral e que sobresaen na universidade ou outros ámbitos.

"Hai que dar imaxes positivas das mulleres, ofrecer só a de vítimas non é serio e non axuda", engade Valcárcel, tamén Conselleira de Estado e Vicepresidenta do Real Padroado do Museo do Prado.

Precisamente, o maior problema da imaxe das mulleres no mundo da publicidade é que aínda se opera coa "invisibilización" dos logros; os publicitarios non conectan coas mulleres reais porque "non as queren coñecer".

Outro problema que preocupa á catedrática de Filosofía Moral e Política na Universidade de Educación a Distancia en relación á violencia, é a ausencia de indicadores comúns na UE para abordala e medila, "pola contra non sabemos a que aternos, non podemos diagnosticar e, xa que logo, non podemos tratar ao enfermo".

Recomenda ao Goberno español aproveitar a próxima Presidencia da Unión Europea para avanzar nesa dirección.

Doutra banda, Amelia Valcárcel recoñece que o feminismo arrastra "mala prensa", pero o considera algo "normal" porque é un movemento que segue vive e, en consecuencia, hai resistencias para evitar custe o que custe o cumprimento do seu "programa de máximos".

Moitas mulleres -razoa- decláranse "anti-feministas de cabeza e rexeitan o termo, pero na práctica fan as mesmas cousas que propugnan as feministas: -... Non son feminista, pero non me vou a quedar en casa facendo papillas; non son feminista pero ao meu marido non lle permito que me levante a voz...-".

A ex conselleira de Educación e Cultura do Principado de Asturias, tamén apoia que o feminismo sexa estudado nas aulas, porque, di, "está moi ben saberse a Guerra de Crimea ou a Guerra franco-prusiana, pero non saber nada da revolución feminista non ten sentido".

Simplemente, subliña, "isto quere dicir que non está aceptado aí arriba, non queren que sexa un coñecemento corrente e normal".

Neste sentido explica que as mozas actuais están baixo o "espellismo da igualdade" e non son en absoluto conscientes dos dereitos dos que agora gozan grazas ao traballo de anteriores xeracións de mulleres.

Iso si, "son perfectamente capaces de percibir trázalas de desprezo e de manipulación", pero "se non hai unha teoría articulada, non lles dicimos o que poden facer e todo o mundo dilles que son iguais, viven como o que vive no deserto e cre que está rodeado de auga".

Segundo a catedrática, agora vivimos a "Terceira Onda" do feminismo, o que se procreou na revolución do 68 e que supuxo "un enorme cambio de costumes".

"Nace un mundo aberto, alegre e confiado, pero no fondo cunha capacidade de violencia moi grande. Dese chan brota o feminismo contemporáneo", conclúe.

O seu novo libro "Feminismo no mundo global" sostén que en grandes números a globalización beneficia ás mulleres, pero non todo é de cor de rosa: globalizada non está a atención médica, porque aínda medio millón de mulleres morren no parto; pero si está globalizado trátaa de mulleres desde calquera parte do planeta para polas a disposición alí onde paguen para usalas.

De: Público
08.03.2009
----------

Baixo unha forte represión policial, miles de activistas estiveron en Estrasburgo, Francia, entre os días 3 e 5 de abril, para protestar contra a Otan -Organización do Tratado do Atlántico Norte- e demandar a paz e o desarmamento. As actividades formavan parte da semana global de mobilización contra o capitalismo e a guerra.


10 000... 20 000... máis? Porque milleiros de manifestantes foron impedidos e disuadidos de chegar ao lugar da asemblea pola estratexia de acoso adoptada pola policía, nunca saberemos cantas persoas estiveron presentes en Estrasburgo en contra á OTAN, pola paz e o desarmamento.

Unha policía violenta, cun armamento real e efectivo, sobredimensionado, lanzando constantemente gas lacrimóxeno e disparando flashball no medio do desfile, magoando e causando pánico a moitas e moitos manifestantes o que fixo imposible escapar. Unha comisión investigadora foi requirida polos e as organizadoras e unha cyber petición foi lanzada na Internet.

As militantes da Marcha Mundial das Mulleres tamén tiveron medo moitas veces, pero non nos arrepentimos de estar alí porque apoiamos completamente os motivos da mobilización. Un dos moitos temas da nosa futura acción da Marcha Mundial das Mulleres de 2010 é de paz e desmilitarización.

Ademais disto, a Conferencia Internacional o venres e o domingo, levada para moi lonxe da cidade e sen transporte, foi moi interesante e moi ben organizada, permitindo que máis de 800 persoas de 25 países participasen en diversas reunións e talleres.

Faltounos un pouco de tempo para falar dos resultados desta mobilización que permitiron que un gran número do movemento anti-guerra, asociacións, sindicatos e partidos políticos traballasen en moi boas condicións. Pensamos e esperamos que isto continúe.

A presenza da Marcha Mundial das Mulleres

Militantes da MMM, francesas, inglesas e macedonias, estiveron presentes nos tres días da mobilización. Nós eramos en cinco na conferencia e máis na manifestación en que nos xuntamos ás Mulleres de Negro, LIMPL, as Mulleres Solidarias e a organización Mulleres e Igualdade.

Participamos no obradoiro Mulleres: "Non á OTAN, Non á Guerra ... OTAN=Seguridade ? ... Cuestións de Xénero", organizado polas Mulleres de Negro e a LIMPF (Liga Internacional de Mulleres pola Paz e a Liberdade). Cincuenta mulleres estiveron presentes.

12 textos foron enviados por adiantado por diversas asociacións de mulleres (http://www.wloe.org/Women-say-Non-to-NATO.549.0.htm). Organizadoras extraeron 4 temas craves que foron, cada un deles, os temas dunha intervención seguida por un debate. Nós, entón, dividímonos en catro grupos de traballo para debater as perspectivas e a Marcha Mundial das Mulleres puido falar da mobilización de 2010.

Este obradoiro e o evento foron oportunidades para coñecer e apreciar mellor as militantes das asociacións coas cales queremos mobilizarnos no 2010.

Tamén distribuímos 1000 folletos explicando a nosa mobilización de 2010.

-----------------
Nelly Martin - World March of Women Europe

De: marchemondialedesfemmes.org

Enlace coa nova:
Semana global de mobilización contra o capitalismo e a guerra
______________

A ECONOMÍA FEMINISTA ANTE A CRISE

Conclusións do III Congreso de Economía Feminista

(Centro de formación feminista Carmen de Burgos na cidade de Baeza, 2 e 3 de abril de 2009)

O terceiro congreso de economía feminista realizouse os días 2 e 3 de abril no Centro de Formación Feminista Carmen de Burgos en Baeza, Xaén, no que se chegou a un amplo consenso sobre a actual crise económica e as súas consecuencias:

1.- A crise económica e financeira que ameaza o tecido social e o benestar das persoas se superpone a outras crises, como as do coidado, a ecolóxica, a do modelo económico e de desenvolvemento, así como, a moral e a ética.

2.- A crise ataca directamente as condicións de vida das persoas e sobre todo dos sectores de poboación máis vulnerables, incluíndo ás mulleres, que non foron responsables das políticas e decisións que levaron a esta situación.

3.- Os responsables desta crise son as elites do sector financeiro e empresarial, así como os gobernos que impuxeron as políticas neoliberais das dúas últimas décadas, seguindo os postulados da economía ortodoxa e patriarcal e do fundamentalismo de mercado.

4.- As medidas anti-crises que se están adoptando poden agravar as desigualdades xa existentes entre mulleres e homes. Por exemplo, salientando o investimento público en sectores económicos en crises -pouco sostibles como o do automóbil ou o da construción-, e non, en infraestrutura social ? como educación, saúde, coidados e protección social.

5.- A crise implica un risco de intensificar a división sexual do traballo e as desigualdades que xera. Pero tamén, representa unha oportunidade e un desafío para establecer novas formas de produción e consumo, e de reorganizar as estruturas e relacións do coidado, establecendo unha repartición equitativa entre mulleres e homes do traballo remunerado e non remunerado. Isto teríase que facer cun aumento da corresponsabilidade entre os distintos axentes involucrados no benestar social, incluíndo o Estado a través dun orzamento público progresista que a través dos ingresos, gastos e beneficios fiscais redistribúa equitativamente os recursos -que garanta o acceso ao crédito-, e sexa coherente co obxectivo da igualdade entre mulleres e homes.

6.- Como economistas feministas denunciamos a economía ortodoxa e o fundamentalismo de mercado, dominantes nas facultades de económicas e nas accións de goberno que nos levaron á situación de crise na que nos atopamos.

Xa que logo, esiximos incluír unha perspectiva feminista nos plans de estudo e a investigación, así como na política económica e nas medidas anti-crises que se están deseñando.

http://www.upo.es/congresos/economiafeminista
-----------

A Marcha Mundial das Mulleres na Galiza consideramos o dereito ao aborto un dereito fundamental que permite a soberanía sobre o propio corpo, garantindo a escolla dunha maternidade desexada e responsábel.

É por iso que denunciamos que hoxe, igual que hai 23 anos, se continua a limitar a liberdade individual e a toma de decisións das mulleres, considerando o dereito ao aborto como delito e regulándoo no Código Penal con apenas tres supostos despenalizados.

Denunciamos que a interrupción voluntaria do embarazo non é aínda unha prestación universal por dereito devido à falta de coordenación e infraestruturas dos servizos sanitarios e por causa da obxección de conciencia na Sanidade Pública que está a afectar a mais do 95% das mulleres que legalmente se acollen aos tres supostos despenalizados.

Tamén denunciamos que a actual regulación do dereito ao aborto permite a intromisión na intimidade e vida privada das mulleres e a indefensión das e dos profesionais que practican interrupcións voluntarias do embarazo, como puidemos evidenciar no acontecido nas clínicas de saúde sexual e reprodutiva en Madrid e Barcelona a finais de 2007 e comezos do 2008, onde moitos dos abortos que se practican son derivados da Sanidade Pública.

E así mesmo denunciamos os grupos conservadores e a xerarquía da Igrexa Católica, que continúan a cuestionar e criminalizar as mulleres coa única intención de reforzar e perpetuar a sociedade patriarcal e manter a desigualdade entre mulleres e homes. Para estes grupos colocar as mulleres nunha posición de submisión social e vulnerabilidade legal é fundamental para consolidar o seu modelo de sociedade desigualitaria e machista.

Desde a Marcha Mundial das Mulleres consideramos que avanzar no recoñecemento do dereito ao aborto é unha necesidade social, e pedimos unha lei de aborto:

  • que recoñeza o dereito fundamental das mulleres a tomar as súas propias decisións
  • que garanta a soberanía das mulleres sobre o propio corpo e a propia vida
  • que asegure que todo o proceso de información, asesoramento e realización da interrupción do embarazo sexa feito na Seguridade Pública, por persoal sanitario formado na perspectiva de xénero
  • que non exista discriminación xeográfica no aceso de todas as mulleres a estes servizos
  • que se inclúa a educación afectiva-emocional e sexual con perspectiva de xénero no curriculum escolar
  • que os dereitos das mulleres usuarias destes servizos sexan respectados e protexidos en todo momento.
Até todas as mulleres do mundo conseguirmos a soberanía sobre o noso propio corpo, nós continuaremos en marcha.

Marcha Mundial das Mulleres na Galiza

De: feminismo.info
----------

O 13 de Marzo deste ano 2009, abreuse un canal en Youtube, a favor dunha nova Lei do Aborto - Lei do dereito á interrupción voluntaria do embarazo - no Estado Español. A Favor do cambio da Lei hai todo un movimento cidadán que pretende que se aprobe unha lei de prazos, para avanzar nos dereitos de cidadanía das mulleres.




Vídeos subidos ao Canle a "Favor do cambio, no 2009, da Lei do Dereito ao Aborto":
  1. Carmen Monton - Respostas ao debate sobre a Lei do Aborto - A portavoz socialista da comisión de igualdade responde ás intervencións de...
  2. Carmen Calvo: a subcomisión do aborto no Congreso foi impe... - Intervención durante clausúraa da mesa redonda realizada no Congreso de Di...
  3. Isabel Serrano - Lei do aborto - Posición en relación á nova lei sobre interrupción voluntaria do embarazo en ...
  4. As xovenes reivindican o dereito ao aborto - Intervención da representante da Federación de Mulleres Novas
  5. Dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres - Modificación da lei do aborto en España.
  6. Justa Montero - Lei Aborto - Intervención sobre a modificación da Lei do Aborto que se prepara no Congr...
  7. Marisa Soleto - Lei de interrupción voluntaria do embarazo
  8. Colectivo "Non nos resignamos" - Posición sobre a lei do aborto
  9. Carmen Monton - Sobre a Lei do Aborto e II - Segunda parte da intervención de Carmen Monton, deputada do PSOE e portavoz en...
  10. Gaspar Llamazares. Lei do aborto - Posición de EU en relación á modificación da Lei de Interrupción Voluntaria ...
  11. Carmen Monton. Sobre a lei do aborto I - Primeira parte da intervención de Carmen Monton, deputada do PSOE e portavoz en...
  12. Carmen Calvo - subcomision interrupción voluntaria do embarazo - A presidenta da Comisión de Igualdade no Congreso de Deputados agradece á...
  13. María Olaia Fernández Davila - BNG - É importante a forza do movemento feminista para empuxar o cambio, pero para...
  14. Modificación da lei do aborto en España: Imos en serio! Gaspar Llamazares
----------

Nós, as mulleres, hai moito tempo marchamos para denunciar e esixir o fin da opresión que vivimos por sermos mulleres e, para afirmar que a dominación, a explotación, o egoísmo e a busca desenfrenada do lucro producen inxustizas, guerras, ocupacións, violencias e deben acabar.

Das nosas loitas feministas e das loitas das nosas antepasadas de todos os continentes, naceron novos espazos de liberdade para nós, para as nosas fillas e fillos, para todas as pequenas e pequenos que, despois de nós camiñarán sobre a Terra.

Estamos construíndo un mundo no cal a diversidade é unha virtude: tanto a individualidade como a colectividade son fontes de crecemento; onde as relacións flúen sen barreiras; onde a palabra, o canto e os soños florecen. Ese mundo considera á persoa humana como unha das riquezas máis preciosas. Un mundo no cal reina a igualdade, a liberdade, a solidariedade, a xustiza e a paz. Nos somos capaces de criar este mundo. Constituimos máis da metade da humanidade. Damos a vida, traballamos, amamos, criamos, militamos, divertímonos. Garantimos actualmente a maior parte das tarefas esenciais para a vida e a continuidade da humanidade. Ainda así, nesta sociedade continuamos sendo oprimidas.

A Marcha Mundial das Mulleres, da cal facemos parte, identifica o patriarcado como un sistema de opresión das mulleres e o capitalismo como un sistema de explotación dunha inmensa maioria de mulleres e homes por parte dunha minoría.

Eses sistemas refórzanse mutuamente. Enraízanse e conxúganse co racismo, o sexismo, a misoxinia, a xenofobia, a homofobia, o colonialismo, o imperialismo, o escravismo e o traballo forzado. Constitúen a base dos fundamentalismos e integrismos que impiden ás mulleres e aos homes seren libres. Xeran pobreza, exclusión, violan os dereitos dos seres humanos, particularmente os das mulleres, e poñen a humanidade e ao planeta en perigo.

NÓS REXEITAMOS ESE MUNDO!!!

Propomos construír outro mundo, onde a explotación, a opresión, a intolerancia e as exclusións non existan máis; onde a integridade, a diversidade, os dereitos e liberdades de todas e todos sexan respectados.

Esta carta baséase nos valores de igualdade, liberdade, solidariedade, xustiza e paz.

IGUALDADE

Todos os seres humanos e todos os pobos son iguais, en todos os dominios e en todas as sociedades. Teñen igual acceso ás riquezas, á terra, a un emprego digno, aos medios de produción, a unha vivenda axeitada, á educación de calidade, á formación profesional, á xustiza, a unha alimentación saudable, nutritiva e suficiente, a servizos de saúde física e mental, a seguridade durante a vellez, a un medio ambiente saudable, á propiedade, a funcións de representación política e de toma de decisións, a enerxia, á auga potable, ao ar puro, aos medios de transporte, ás técnicas, á información, aos medios de comunicación, ao lecer, a cultura, ao descanso, á tecnoloxía e as innovacións científicas.

Ningunha condición humana ou condición de vida xustifica a discriminación.

Ningún costume, tradición, relixión, ideoloxía, sistema económico ou político xustifican que unha persoa sexa posta en situación de inferioridade, nin permitir actos que poñan en perigo a súa dignidade e integridade física ou psicolóxica.

As mulleres son cidadás de pleno dereito, antes de seren conxuxes, compañeiras, esposas, nais ou traballadoras.

As tarefas non remuneradas, ditas femininas, que garanten a vida e a continuidade da sociedade (traballos domésticos, educación, coidado das fillas e fillos e dos familiares) son actividades económicas que crean riqueza e que deben ser valoradas e compartidas.

Os intercambios comerciais entre países son equitativos e non son prexudiciais ao desenvolvemento dos pobos.

Cada persoa ten acceso a un traballo remunerado xustamente, efectuado en condicións seguras e salubres que a permitan vivir dignamente.

LIBERDADE

Todo ser humano vive libre de todo tipo de violencia. Ningún ser humano pertence a outro. Ningunha persoa pode ser obxecto de escravitude, ser forzada ao casamento, ser sometida a traballos forzados, ser obxecto de tráfico e de explotación sexual.

Cada persoa goza de liberdades colectivas e individuais que garantan a súa dignidade, en especial: liberdade de pensamento, de conciencia, de crenza, de relixión; de expresión, de opinión; de vivir libremente e de maneira responsable a súa sexualidade, escoller á persoa con quen compartir a súa vida; de votar, de ser elixida, de participar na vida política; de se asociar, reunir, sindicalizar, manifestarse ; de escoller o seu domicilio, a súa nacionalidade, de escoller o seu estado civil; de seguir os estudos da súa escolla, de escoller a súa profesión e exercela; de se mudar, de dispor da súa persoa e dos seus bens; de escoller o seu idioma de comunicación respectando as linguas minoritarias e as decisións colectivas en canto á lingua de uso e de traballo; de se informar, de aprender cousas novas, intercambiar ideas e ter acceso ás tecnoloxias da información.

As liberdades exércense na tolerancia e no respecto á opinión de cada persoa e dentro de parámetros democráticos e participativos. As liberdades implican responsabilidades e deberes coa comunidade.

As mulleres toman libremente as decisións no que se refire ao seu corpo, a súa sexualidade e a súa fecundidade. Deciden por si mesmas ter ou non descendencia.

A democracia exércese se hai liberdade e igualdade.

SOLIDARIEDADE

A solidariedade internacional é promovida entre as persoas e os pobos sen ningún tipo de manipulación ou influencia.

Todos os seres humanos son interdependentes. Comparten o deber e a vontade de vivir xuntos, de construír unha sociedade xenerosa, xusta e igualitaria, baseada no exercicio dos dereitos humanos, exenta de opresión, de exclusións, e discriminacións, de intolerancia e de violencias.

Os recursos naturais, os bens e os servizos necesarios para a vida de todas e de todos son bens e servizos públicos de calidade aos cales cada persoa ten acceso de maneira igualitaria e equitativa.

Os recursos naturais son administrados polos pobos que viven nos territorios onde eses se encontran, respectando o medio ambiente e actuando para a súa preservación e sustentabilidade.

A economía dunha sociedade está ao servizo daquelas e daqueles que a compoñen. A economía é dirixida á produción e intercambio de riquezas socialmente útiles, que son distribuídas entre todas e todos, que garanten principalmente a satisfación das necesidades colectivas, eliminan a pobreza e aseguran un equilibrio entre o interese xeral e os intereses individuais. A economía garante a soberanía alimentaria. Esta economía oponse á busca exclusiva do lucro e a acumulación privada dos medios de produción, das riquezas, do capital, das terras, das tomas de decisións nas mans dalgúns grupos ou dalgunhas persoas.

A contribución de cada unha e de cada un para a sociedade é recoñecida e independente da función que ocupa. Todas as persoas gozan de dereitos sociais.

As manipulacións xenéticas son controladas. Non existe dereito de propiedade sobre o ser vivo nin sobre o xenoma humano. A clonaxe humana está prohibida.

XUSTIZA

Todos os seres humanos independentemente do seu país de orixe, da súa nacionalidade e do seu lugar de residencia, son considerados cidadás e cidadáns con plenos dereitos humanos (dereitos sociais, económicos, políticos, civís, culturais, sexuais, reprodutivos, ambientais) de forma realmente democrática, igualitaria e equitativa.

A xustiza social baséase nunha redistribución equitativa das riquezas, que elimina a pobreza, limita a riqueza e garante a satisfación das necesidades esenciais da vida, e que apunta a melloría do benestar de todas e todos.

A integridade física e moral de todas e todos está garantida. A tortura, os tratamentos humillantes e degradantes están prohibidos. As agresións sexuais, o estupro, as mutilacións xenitais femininas, as violencias específicas contra as mulleres e o tráfico sexual e de seres humanos son considerados crimes contra a persoa e contra a humanidade.

O sistema xudicial é accesible, igualitario, eficaz e independente.

Cada persoa goza da proteción social necesaria para garantir o seu aceso á alimentación, ao cuidado, a atención á saude, a vivenda axeitada, a educación, a información, e a segridade durante a vellez. Cada persoa ten acceso á renda suficiente para vivir dignamente.

Os servizos de saúde e sociais son públicos, accesibles, de calidade, gratuítos para todos os tratamentos, todas as pandemias, particularmente para a VIH.

PAZ

Todos os seres humanos viven nun mundo de paz. A paz resulta en particular da igualdade entre os sexos, da igualdade social, económica, política, xurídica e cultural, do respecto aos dereitos, da erradicación da pobreza que asegure a todas e todos unha vida digna, exenta de violencia, onde cada persoa ten un traballo e recursos suficientes para se alimentar, ter vivenda, vestirse, instruírse, estar protexida na vellez, ter acceso aos coidados necesarios.

A tolerancia, o diálogo, o respecto da diversidade son garantías de paz.

Todas as formas de dominación, de explotación e de exclusión de parte dunha persoa sobre outra, dun grupo sobre outro, dunha minoira sobre unha maioria, dunha maioria sobre unha minoría, dunha nación sobre outra están rexeitadas.

Todos os seres humanos teñen o dereito de vivir nun mundo sen guerra e sen conflito armado, sen ocupación estranxeira nin base militar. Ninguén ten dereito sobre a vida ou morte das persoas ou dos pobos.

Ningún costume, tradición, ideoloxía, relixión, sistema económico nin político xustifican as violencias.

Os conflitos armados ou non entre os países, comunidades ou pobos son resoltos pola negociación que permite encontrar solucións pacíficas, xustas e equitativas a nivel nacional, rexional e internacional.


Esta Carta Mundial das Mulleres para a Humanidade fai un chamamento a todas as mulleres e homes e a todos os grupos oprimidos do planeta a proclamaren individual e colectivamente o seu poder para transformar o mundo e modificar radicalmente as relacións existentes e transformándoas en relacións baseadas na igualdade, na paz, na liberdade, na solidariedade e na xustiza. Esta Carta chama a todos os movemento sociais e a todas as forzas sociais a axir para que os valores que defendemos sexan verdadeiramente postos en práctica, e para que as instancias de poder político tomen todas as medidas necesarias para a súa aplicación.

Esta Carta fai un chamamento á acción inmediada para mudar o mundo!!!!

De: feminismo.info
----------

;;
Feminismo - Designer: Douglas Bowman | Dimodifikasi oleh Abdul Munir Original Posting Rounders 3 Column