A ECONOMÍA FEMINISTA ANTE A CRISE

Conclusións do III Congreso de Economía Feminista

(Centro de formación feminista Carmen de Burgos na cidade de Baeza, 2 e 3 de abril de 2009)

O terceiro congreso de economía feminista realizouse os días 2 e 3 de abril no Centro de Formación Feminista Carmen de Burgos en Baeza, Xaén, no que se chegou a un amplo consenso sobre a actual crise económica e as súas consecuencias:

1.- A crise económica e financeira que ameaza o tecido social e o benestar das persoas se superpone a outras crises, como as do coidado, a ecolóxica, a do modelo económico e de desenvolvemento, así como, a moral e a ética.

2.- A crise ataca directamente as condicións de vida das persoas e sobre todo dos sectores de poboación máis vulnerables, incluíndo ás mulleres, que non foron responsables das políticas e decisións que levaron a esta situación.

3.- Os responsables desta crise son as elites do sector financeiro e empresarial, así como os gobernos que impuxeron as políticas neoliberais das dúas últimas décadas, seguindo os postulados da economía ortodoxa e patriarcal e do fundamentalismo de mercado.

4.- As medidas anti-crises que se están adoptando poden agravar as desigualdades xa existentes entre mulleres e homes. Por exemplo, salientando o investimento público en sectores económicos en crises -pouco sostibles como o do automóbil ou o da construción-, e non, en infraestrutura social ? como educación, saúde, coidados e protección social.

5.- A crise implica un risco de intensificar a división sexual do traballo e as desigualdades que xera. Pero tamén, representa unha oportunidade e un desafío para establecer novas formas de produción e consumo, e de reorganizar as estruturas e relacións do coidado, establecendo unha repartición equitativa entre mulleres e homes do traballo remunerado e non remunerado. Isto teríase que facer cun aumento da corresponsabilidade entre os distintos axentes involucrados no benestar social, incluíndo o Estado a través dun orzamento público progresista que a través dos ingresos, gastos e beneficios fiscais redistribúa equitativamente os recursos -que garanta o acceso ao crédito-, e sexa coherente co obxectivo da igualdade entre mulleres e homes.

6.- Como economistas feministas denunciamos a economía ortodoxa e o fundamentalismo de mercado, dominantes nas facultades de económicas e nas accións de goberno que nos levaron á situación de crise na que nos atopamos.

Xa que logo, esiximos incluír unha perspectiva feminista nos plans de estudo e a investigación, así como na política económica e nas medidas anti-crises que se están deseñando.

http://www.upo.es/congresos/economiafeminista
-----------

0 Comments:

Post a Comment



Feminismo - Designer: Douglas Bowman | Dimodifikasi oleh Abdul Munir Original Posting Rounders 3 Column