Baixo unha forte represión policial, miles de activistas estiveron en Estrasburgo, Francia, entre os días 3 e 5 de abril, para protestar contra a Otan -Organización do Tratado do Atlántico Norte- e demandar a paz e o desarmamento. As actividades formavan parte da semana global de mobilización contra o capitalismo e a guerra.


10 000... 20 000... máis? Porque milleiros de manifestantes foron impedidos e disuadidos de chegar ao lugar da asemblea pola estratexia de acoso adoptada pola policía, nunca saberemos cantas persoas estiveron presentes en Estrasburgo en contra á OTAN, pola paz e o desarmamento.

Unha policía violenta, cun armamento real e efectivo, sobredimensionado, lanzando constantemente gas lacrimóxeno e disparando flashball no medio do desfile, magoando e causando pánico a moitas e moitos manifestantes o que fixo imposible escapar. Unha comisión investigadora foi requirida polos e as organizadoras e unha cyber petición foi lanzada na Internet.

As militantes da Marcha Mundial das Mulleres tamén tiveron medo moitas veces, pero non nos arrepentimos de estar alí porque apoiamos completamente os motivos da mobilización. Un dos moitos temas da nosa futura acción da Marcha Mundial das Mulleres de 2010 é de paz e desmilitarización.

Ademais disto, a Conferencia Internacional o venres e o domingo, levada para moi lonxe da cidade e sen transporte, foi moi interesante e moi ben organizada, permitindo que máis de 800 persoas de 25 países participasen en diversas reunións e talleres.

Faltounos un pouco de tempo para falar dos resultados desta mobilización que permitiron que un gran número do movemento anti-guerra, asociacións, sindicatos e partidos políticos traballasen en moi boas condicións. Pensamos e esperamos que isto continúe.

A presenza da Marcha Mundial das Mulleres

Militantes da MMM, francesas, inglesas e macedonias, estiveron presentes nos tres días da mobilización. Nós eramos en cinco na conferencia e máis na manifestación en que nos xuntamos ás Mulleres de Negro, LIMPL, as Mulleres Solidarias e a organización Mulleres e Igualdade.

Participamos no obradoiro Mulleres: "Non á OTAN, Non á Guerra ... OTAN=Seguridade ? ... Cuestións de Xénero", organizado polas Mulleres de Negro e a LIMPF (Liga Internacional de Mulleres pola Paz e a Liberdade). Cincuenta mulleres estiveron presentes.

12 textos foron enviados por adiantado por diversas asociacións de mulleres (http://www.wloe.org/Women-say-Non-to-NATO.549.0.htm). Organizadoras extraeron 4 temas craves que foron, cada un deles, os temas dunha intervención seguida por un debate. Nós, entón, dividímonos en catro grupos de traballo para debater as perspectivas e a Marcha Mundial das Mulleres puido falar da mobilización de 2010.

Este obradoiro e o evento foron oportunidades para coñecer e apreciar mellor as militantes das asociacións coas cales queremos mobilizarnos no 2010.

Tamén distribuímos 1000 folletos explicando a nosa mobilización de 2010.

-----------------
Nelly Martin - World March of Women Europe

De: marchemondialedesfemmes.org

Enlace coa nova:
Semana global de mobilización contra o capitalismo e a guerra
______________

0 Comments:

Post a Comment



Feminismo - Designer: Douglas Bowman | Dimodifikasi oleh Abdul Munir Original Posting Rounders 3 Column