Este domingo 31 de Maio en Compostela, desde as 11 da mañá na Praza da Quintana: Concentración en defensa do "Dereito ao Aborto" coa construción dun Maio Reivindicativo e unha Alfombra Floral, convocada pola Coordenadora Nacional Galega da Marcha Mundial das Mulleres, dentro da Campaña "Eu decido.


FLORES, MÚSICA, POESÍA E COPLAS ... EN DEFESA DO DIREITO AO ABORTO, NA SANIDADE PÚBLICA!!

O próximo domingo 31 de Maio, a Marcha Mundial das Mulleres concluirá a primeira fase da campaña EN DEFESA DO DIREITO AO ABORTO, NA SANIDADE PÚBLICA. EU DECIDO! que leva, ao longo das últimas semanas no noso país, abrindo espazos de debate e reflexom mediante palestras e performance. Un debate ao redor da necesidade de afianzar o direito aborto, que está recollendo apoios de organizacións e colectivos sociais, ademais de sinaturas de todas aquelas persoas que ven, coma nós, a necesidade de asegurar un direito fundamental das mulleres, o direito ao aborto.

Todo isto nun contexto político onde, por unha banda se apresenta un proxecto de lei que pretende ampliar a cobertura legal de mulleres e profesionais que practican abortos, e por outra banda existe un ataque virulento por parte dos sectores máis patriarcais da sociedade, que apresentan unha forte resistencia a todo o que supoña soberanía das mulleres sobre o seu corpo e autonomía para tomar as decisións que lle atinxe, sen presións, sen tutelas nen paternalismos .

O peche desta primeira fase da campaña consistirá na construción, na Praza da Quintana de Compostela, dun Maio Reivindicativo e umha Alfombra Floral. Elexiu-se esta forma de manifestar as nosas reivindicacións, coñecedoras da tradición arraigada na nosa cultura, de celebrar a efervescencia que supón a primavera, con vínculos fortemente arraigados á fecundidade dos seres vivos. A festa dos maios ou as alfombras florais, son algumhas destas expresións coas que o noso pobo celebra esa fecundidade.

As feministas da Marcha Mundial das Mulleres, xunto a todas as persoas e colectivos que nos queiran acompañar o domingo 31 de Maio, construiremos un maio e unha alfombra floral para reivindicar que a fecundidade das mulleres, o poder de dar a vida, nunha sociedade xusta, solidaria e en igualdade, non se pode entender sen garantir o direito a decidir.

Convidamos a achegar-se á cidade de Compostela, desde as 11 da mañá do domingo 31 de Maio aportando flores de cor vermello, rosa, lila e branco, ou felgos e fiunchos cos que encher a alfombra co lema EU DECIDO! e o maio que levará a forma do símbolo feminista.

Desde as once da mañá recibiremos a todas as persoas e colectivos participantes convidando-as a facer o traballo de clasificación das flores e prantas, que estarán colocadas nas escaleiras da Praza da Quintana. Iremos colocando as flores clasificadas por cores e separando os pétalos nas zonas que estarán sinalizadas.

Mentres, as compañeiras encargadas montarám a estructura do maio e pintarán a base da alfombra.

Unha vez clasificadas e separados os pétalos, procedera-se ao enchido das zonas da alfombra e o maio que se corresponda con cada cor.

Ao tempo que se realiza este traballo, soará música ambiental, que se parará, para escoitar a todas aquelas mulleres e colectivos que queiran, ben con coplas, ben con cancóns ou poesías, expresar as súas reivindicacións. No nome da Marcha lera-se un comunicado ao remate do acto.

Reivindicacións da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza na campaña "En defensa do dereito ao aborto, na Sanidade Pública!".

Queremos:

- Que se recoñeza o dereito fundamental das mulleres a tomar as súas propias decisións.

- Que se garanta a soberanía das mulleres sobre o próprio corpo e a propia vida.

- Que se asegure que todo o proceso de información, asesoramento e realización da interrupción do embarazo sexa feita na Sanidade Pública, por persoal sanitario formado na perspectiva de xénero.

- Que non exista discriminación xeográfica no aceso de todas as mulleres a este dereito nos servizos públicos.

- Que se inclúa a educación afectivo-emocional e sexual com perspectiva de xénero no curriculum escolar.

- Que os dereitos das mulleres usuarias destes servizos sexan respectados e protexidos en todo momento.

Galiza, Maio de 2009
feminismo.info

Enlaces da Campaña:


De: marchagaliza@gmail.com

----------

Principais novidades e avaliación da Secretaria da Muller da CIG do Anteproxecto de Lei que regula o aborto
A Secretaría da Muller da CIG valora o recoñecemento que fai ao respecto do dereito de autodeterminación das mulleres

O 14 de maio aprobouse no seo do Consello de Ministros/as o Anteproxecto de Lei de Interrupción Voluntaria do Embarazo e Saúde Sexual e Reprodutiva. Aínda que teremos que agardar varios meses de trámites ate a súa aprobación final, desde a Secretaría da Muller queren informar das principais novidades do texto fronte ao aprobado en 1985.

Actualmente só se pode interromper o embarazo legalmente en caso dos seguintes supostos e prazos:

  1. Se hai grave perigo para a vida ou saúde física ou psíquica da embarazada, non existindo límite na duración da xestación.
  2. En caso de embarazo consumado nunha violación da que exista denuncia policial, sempre e cando se faga a interrupción dentro das 12 semanas de xestación.
  3. En caso de que existan graves taras físicas ou psíquicas para o feto, que sexan incompatíbeis coa vida, alteracións cromosómicas ou defectos maiores do feto que comprometan a súa vida, podería realizarse a interrupción antes da semana 22 .
As principais novidades do novo texto radican na valoración que se fai ao respecto do dereito de autodeterminación das mulleres, recoñecido por vez primeira nun texto destas características. Así, o aborto será libre até as 14 semanas e até as 22 por causas médicas.

Primeiras 14 semanas de xestación

Poderase interromper voluntariamente o embarazo sen alegar un motivo dentro das primeiras 14 semanas de xestación.

Recibirá, non obstante, un sobre pechado con información social e sanitaria, onde ficarán subliñados os seus dereitos, así como as axudas e prestacións públicas por se prefire continuar co embarazo (axudas públicas, cobertura sanitaria, dereitos laborábeis vinculados ao embarazo e a maternidade, prestacións por coidado, beneficios fiscais, información sobre anticoncepción e sexo seguro, centros onde pode recibir asesoramento antes e despois da interrupción do embarazo), así como información por escrito sobre os dereitos, prestacións e axudas públicas de apoio á autonomía das persoas con discapacidade, así como a rede de organizacións sociais de asistencia a estas persoas. Transcorridos os tres días, poderá realizarse a intervención.

Causas médicas

Por causas médicas, antes das 22 semanas, cando exista grave risco para a vida ou saúde da embarazada (previamente terá que entregar un ditame emitido por dous médicos/as, salvo en caso de urxencia por risco vital para a xestante), cando o feto teña graves anomalías (previo ditame), ou cando se detecten anomalías fetais incompatíbeis coa vida (previo ditame) ou se diagnostique no feto unha enfermidade extremadamente grave e incurábel (confirmado por un comité clínico).

A interrupción do embarazo será unha prestación pública e gratuíta, e o Estado velará polo seu cumprimento en todas as Comunidades Autónomas a través da Alta Inspección Sanitaria.

Dereitos das mulleres

Co anteproxecto dáse unha nova redacción a unha serie de apartados do artigo 145 do Código Penal, de xeito que se introduce a penalidade a quen practique unha interrupción do embarazo sen cumprir os requisitos esixidos, dándoselle natureza á situación de inesixibilidade de outra conduta que concorre na muller que consinte ou se práctica un aborto fóra dos casos permitidos por lei, prevendo a posibilidade de reducir a pena .

Por outra banda, revísase a redacción da Lei 41/2002, de 14 de novembro, básica reguladora da autonomía do/a doente, co fin de que a prestación do consentimento para a práctica dunha IVE suxéitese ao réxime xeral da Lei.

O texto, en definitiva, recoñece o dereito das mulleres a poder decidir libre e voluntariamente sobre o seu embarazo e a súa continuidade, estabelecendo, desde os poderes públicos, as condicións para poder facelo con todas garantías de atención sanitaria, asesoramento e información.

----------

O EDADISMO: DISCRIMINACIÓN CARA ÁS PERSOAS VELLAS E OUTRA FORMA DE SEXISMO
Non somos as vosas avoas
María Ptqk, Berlín (Alemaña) Xoves, 2 de abril de 2009

O colectivo Old Women Movement, pioneiro na loita contra o edadismo, denuncia a discriminación das mulleres vellas e os estereotipos sociais.


"As mulleres vellas estamos na primeira liña en todas as cuestións de xustiza social, non só as que se supón que nos afectan de forma máis directa, como a sanidade ou os servizos sociais. O noso obxectivo é acabar coa nosa invisibilidad e coas actitudes discriminatorias que nos ignoran, nos banalizan e degrádannos. Non falamos de respecto, porque o respecto moitas veces está tinguido de condescendencia. Falamos de igualdade". Quen se expresa así é Cynthia Rich, integrante xunto a Mannie Garza e Janiec Keaffaber do colectivo activista Old Women Movement, fundado en San Diego, California, en 2001.

Old Women Movement xurdiu tras a morte de Barbara MacDonald, ensaísta e pioneira na loita social contra o edadismo, unha forma de discriminación tan invisible e arraigada que case non se coñece nin o seu nome. "O edadismo está moi interiorizado, ata por persoas que noutras cuestións son progresistas e entre os propios vellos. Está tan metido nos nosos hábitos que nin sequera sabemos recoñecelo".

Na súa web, o colectivo sinala algúns exemplos de condutas tipicamente edadistas, como preguntar sistematicamente ás vellas pola súa saúde, halagarlas dicindo que aparentan menos anos ou felicitalas e sorprenderse cando fan algo que en persoas doutra idade considérase normal, como acudir a manifestacións ou asinar manifestos activistas.

Co edadismo como eixo, estas tres mulleres participan nos movementos sociais californianos desde 2001. A súa primeira acción sentou as bases da loita contra a especulación inmobiliaria en San Diego, e en 2003 organizaron protestas contra a invasión de Iraq e un loito silencioso en varias fronteiras internacionais en solidariedade coas mulleres iraquís. "Levamos anos nisto e con todo hai compañeiros que nos seguen facendo comentarios condescendientes do tipo: "vexamos se estas señoras necesitan algo". Coma se non puidésemos ser máis que persoas dependentes".

Discriminación

O edadismo non é substancialmente distinto doutras formas de discriminación, como o racismo ou a xenofobia, e boa parte do traballo empeza pola linguaxe, por reivindicar o uso político da palabra cargada de desprezo: vella. "É unha descrición fáctica, non un insulto. Mentres siga sendo humillante que che chamen vella seguirá sendo humillante ser unha vella". E tamén aquí o corpo é un dos campos de batalla. "Fíxollenos crer que os nosos corpos son horribles e debemos avergoñarnos deles, que é natural que os outros sentan rexeitamento cara a nós e que todas as demais mulleres fan calquera cousa para non ter o noso aspecto". Rich insiste en que a discriminación por razón da idade non afecta por igual a homes e mulleres e que o edadismo é unha forma de sexismo.

O mundo está gobernado por homes vellos pero as mulleres da mesma idade ven completamente excluídas da esfera pública, encerradas nun estereotipo que as reduce aos seus roles na familia. Do mesmo xeito que nos ... 60 e os ... 70 se deconstruyó a idea social da muller, hoxe é necesario deconstruir os estereotipos que pesan sobre as vellas. "Ata hai pouco as mulleres só existiamos dentro da familia, como nais ou esposas. A esposa modélica dos anos ... 50 era sumisa, dependente e inofensiva. Connosco pasa o mesmo. Estamos reducidas á figura da avoa, aínda que nin sequera teñamos net@s". Claro que hai excepcións notables de mulleres que, pasados os ... 60, chegaron a postos dominantes na política ou na sociedade. É o que as Old Women Movement cualifican como "tokenismo": permitir que acodes de sectores marxinados accedan aos privilexios do grupo dominante serve para manter o statu quo e facer crer que non existe realmente un problema de discriminación.

"As vellas somos o futuro"

Aínda que as protagonistas das revolucións feministas nos ... 60 e os ... 70 hoxe están chegando a vellas, o edadismo nunca formou parte das axendas feministas. Faltan modelos de referencia, espazos nos que compartir experiencias e diálogo intergeneracional. "As mulleres chegamos a vellas sen saber nada sobre a invisibilidad e a exclusión coas que imos atoparnos. E o peor: habendo interiorizado todos os estereotipos sociais edadistas". En opinión de Rich é crucial que as mulleres entendan que, ao aceptar os estereotipos sociais sobre as vellas, téndense unha trampa futura a si mesmas. "O pouco poder que poida obter unha muller por ser nova pérdeo por cada ano que envellece. A de 30 perde poder por non ter 20, a de 40 por non ter 30, etc. O edadismo desempodera a todas as mulleres, calquera que sexa a súa idade". Nas súas accións, as Old Women Movement sempre acoden acompañadas dunha gran boneca co rostro da artista alemá Kathe Kollwitz e ataviadas con camisetas deseñadas por elas mesmas nas que se pode ler: "As vellas somos o voso futuro". Un bo lema para empezar a miralas con ollos distintos.

De: Diagonal
_______________

A Marcha Mundial das Mulleres na Galiza solicita o seu apoio na campaña "En defensa do dereito ao aborto, na Sanidade Pública!", baseada nas seguintes reivindicacións.

Queremos:

  • Que se recoñeza o dereito fundamental das mulleres a tomar as súas propias decisións.
  • Que se garanta a soberania das mulleres sobre o propio corpo e a propia vida.
  • Que se asegure que todo o proceso de información, asesoramento e realización da interrupción voluntaria do embarazo sexa feita na Sanidade Pública, por persoal sanitario formado na perspectiva de xénero.
  • Que non exista discriminación xeográfica no aceso de todas as mulleres a este dereito nos servizos públicos.
  • Que se inclúa a educación afectivo-emocional e sexual con perspectiva de xénero no currículo escolar.
  • Que os dereitos das mulleres usuarias destes servizos sexan respectados e protexidos en todo momento.
Asina en apoio da campaña accedendo desde: AQUÍ

Durante o mes de maio desenvolveranse palestras-coloquio nas diferentes comarcas con presenza da Marcha Mundial das Mulleres, nas que se presentará a publicación ‘O Dereito a Decidir: Situación actual e alternativas á despenalización do aborto' para propiciar o debate e reflexión social sobre a necesidade dunha lei de aborto que termine coa penalizacion e criminalizacion das mulleres.

ACTO NACIONAL EN COMPOSTELA:

E no Domingo 31 de Maio en Compostela elaboraremos un MAIO REIVINDICATIVO conxuntamente con todas as que vos queirades achegar á praza da Quintana desde as 11 da mañá.

De: feminismo.info
----------

Alecrín desaparece o 30 de abril por problemas económicos
24/04/2009

O Grupo de Estudos sobre a Condición da Muller, Alecrín, con sede en Vigo, pon fin aos seus servizos o próximo 30 de abril. O colectivo asegura que atravesan unha grave situación económica que lles obriga a baixar o enreixado e prescindir dos servizos de todas as súas traballadoras.

Nunha carta de despedimento remitida ás súas empregadas, a Asociación asegura que desde xaneiro soportou con dificultades os gastos de mantemento dos servizos, salarios ou alugueres.

Ademais, o colectivo confirma que moitas das súas traballadoras aínda non percibiron o salario de marzo e que tampouco percibirán a liquidación ou indemnización correspondente, ante a imposibilidade de facer fronte a este gasto.

Po iso, e para evitar o agravamento da situación, Alecrín decidiu pór punto e final á súa actividade.

O Grupo de Estudos Sobre a Condición da Muller "Alecrín" naceu como asociación feminista sen ánimo de lucro (ONG) en 1985. O seu obxectivo foi o de promover a total incorporación das mulleres na sociedade e de eliminar obstáculos que impiden ou limitan a plena integración.

http://www.alecrin.org/

De: Galiciaé



Por Chelo Loureiro
21.04.2009


O pasado 16 de abril o café Macondo na Coruña acolleu a primeira reunión de CIMA en Galicia. Á cita acudimos, ademais das que xa somos socias, outras profesionais como produtoras, directoras, realizadores de cine e TV, guionistas, xornalistas de medios especializados ... que non dubidaron en unirse á causa, aumentando considerablemente o número de asociadas galegas. E máis que por estar rodando non puideron acudir pero se comprometeron a facelo.

Sen dúbida este encontro permitiunos coñecer persoalmente a moitas compañeiras e propiciado a necesidade de coñecer os seus traballos. Tamén para constatar unha vez máis o bajísimo porcentaxe de mulleres con significada responsabilidade na produción comparado co de homes (basta con repasar os nomeamentos a calquera premio onde, salvo nas consabidas especialidades onde a participación feminina é alta: barbería, maquillaxe e vestiario, no resto desaparecemos ...)

Por certo que, falando de premios, nos Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual celebrados xustamente a véspera do noso encontro, creo que debemos facernos eco das especialidades onde o número de nomeadas era maior que o de nomeados (de 19 candidaturas):
  • Dirección de produción (4 de 5)
  • Maquillaxe e Barbería (4 de 4)
  • Deseño de Vestiario (4 de 4)
  • Dirección artística (4 de 4)
  • Montaxe (3 de 4)
No resto, salvo ao Mellor Comunicador de TV (empate a 2) e as obvias de Personaxes Femininos Protagonista e de Repartición, só aparecían homes, pero sen dúbida congratulámonos do significado aumento de mulleres, o que pon de manifesto que aos poucos imos accedendo a postos de responsabilidade e que os nosos traballos son apreciados.

Aínda así, todas coincidimos na necesidade dunha campaña de "reeducación" dos nosos compañeiros e, debemos recoñecelo, dalgunhas compañeiras. De feito, Manane co sentido de humor que a caracteriza, ademais de lamentarse de que desde a súa chegada a Galicia deixou de ser chamada polo seu nome para selo por "a muller de Xavier" ... , contaba que agora se están pondo de moda en marcos como festivais e outros eventos cinematográficos, a organización de encontros de mulleres de audiovisual "... coma se fósemos personaxes dun circo!", e é curioso observar que algunhas compañeiras comezan a reunión afirmando que non se toparon con ningún problema profesional polo feito de ser mulleres, pero que a medida que van expondo a súa situación, comezan a dar infinidade de datos que xustamente demostran o contrario, o que non fai senón constatar que en moitas ocasións non somos conscientes do grao de machismo que aínda impera. Simplemente asumímolo ata o punto de non advertilo ata que se fai unha análise máis profunda.



En xeral o encontro resultou tan positivo que se expuxo a posibilidade de, tal e como organizades en Madrid, planificar en Galicia faladoiros periódicos. E o Café Macondo en Coruña ou o Café do Casino de Santiago poderían ser uns perfectos espazos para acollernos.

Para terminar, anotar que pedimos a todas as socias que nos fagan chegar algún enlace en liña que nos permita acceder aos seus traballos. Sería estupendo publicitalos na web de CIMA para que calquera puidese ter esta importante información.

Saúdos moi afectuosos ás recentemente chegadas:
  • María José Arroxo Baliña (Xornalista)
  • Giselle Llanio (Directora/realizadora)
  • Mamen Quintás (Produtora)
  • Susana Pego (Xefa de produción, documentalista)
  • Alexia Muiños Ruiz (Guionista e realizadora)
  • Carmen Igrexas (Directora radio, montaxe e realización)
  • Sandra Sánchez (Directora e montadora)
  • Dores Ben (Empresaria Son e presidenta de AGAPI)
  • Sonia Barros (Realizadora TV)
  • Sonia Méndez (Realizadora de curtos e actriz)

De: "Punto de Vista" - Blog de CIMA - Asociación de mulleres cineastas e de medios audivisuais
----------

;;
Feminismo - Designer: Douglas Bowman | Dimodifikasi oleh Abdul Munir Original Posting Rounders 3 Column