Alecrín desaparece o 30 de abril por problemas económicos
24/04/2009

O Grupo de Estudos sobre a Condición da Muller, Alecrín, con sede en Vigo, pon fin aos seus servizos o próximo 30 de abril. O colectivo asegura que atravesan unha grave situación económica que lles obriga a baixar o enreixado e prescindir dos servizos de todas as súas traballadoras.

Nunha carta de despedimento remitida ás súas empregadas, a Asociación asegura que desde xaneiro soportou con dificultades os gastos de mantemento dos servizos, salarios ou alugueres.

Ademais, o colectivo confirma que moitas das súas traballadoras aínda non percibiron o salario de marzo e que tampouco percibirán a liquidación ou indemnización correspondente, ante a imposibilidade de facer fronte a este gasto.

Po iso, e para evitar o agravamento da situación, Alecrín decidiu pór punto e final á súa actividade.

O Grupo de Estudos Sobre a Condición da Muller "Alecrín" naceu como asociación feminista sen ánimo de lucro (ONG) en 1985. O seu obxectivo foi o de promover a total incorporación das mulleres na sociedade e de eliminar obstáculos que impiden ou limitan a plena integración.

http://www.alecrin.org/

De: Galiciaé

0 Comments:

Post a Comment



Feminismo - Designer: Douglas Bowman | Dimodifikasi oleh Abdul Munir Original Posting Rounders 3 Column